Escola de Altos Estudos Musicais > postgrao

CURSO AVANZADO DE ESPECIALIZACIÓN ORQUESTRAL

O curso de práctica orquestral está dirixido a todos aqueles estudantes que finalizaran os seus estudos e teñan como meta poder formar parte dunha orquesta profesional. A cada vez máis esixente realidade profesional conleva unha formación de alto nivel, amparada polos solistas da Real Filharmonía de Galicia, na que os alumnos teñan a oportunidade de estar en contacto directo traballando cóbado con cóbado con músicos profesionais adquirindo non só a complexa técnica e a progresiva formación duns criterios musicais propios, senón tamén adquirindo as ferramentas de relación social e de intercambio de ideas entre os propios instrumentistas e los directores dos diferentes programas.

En virtude dun convenio entre a Universidade e o Consorcio de Santiago, a USC recoñece como títulos propios os estudos de posgrao do Programa de Estudos da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia, que conducen á obtención dun Diploma ou Gran Diploma de Especialización Orquestral.

Calendario
Calendario: Do 1 de outubro de 2013 ao 30 de xuño de 2014.
Duración do programa: 1 ano

Plan de estudos por curso académico
Os alumnos estarán orientados desde o primeiro momento polos seus respectivos titores que realizarán un itinerario formativo individualizado e pormenorizado tendo en conta as características especiais de cada instrumento. Esta programación educativa garantirá a formación do alumno e permitiralle obter os créditos necesarios para a súa acreditación como especialista. O encaixe de cada alumno nos programas da orquestra será fixado polo Director, previa deliberación da Comisión Educativa. Coa finalidade de que os alumnos poidan ensaiar tanto de forma individual como colectiva, a EAEM garantirá na sede da escola aulas e cabinas de estudio para todos. Ao ser un curso eminentemente práctico, as materias instrumentais terán unha carga lectiva non presencial superior á presencial.

Materias
A. ESPECIALIZACIÓN INSTRUMENTAL
CLASES INDIVIDUAIS
Cada alumno recibirá do seu titor/profesor, un mínimo de 40 horas de práctica instrumental personalizada distribuídas ao longo do curso académico.
PROFESORES VISITANTES. CLASES MAXISTRAIS
Os alumnos da EAEM recibirán clases individuais por parte de solistas de relevancia internacional ben sexan invitados da Real Filharmonía de Galicia ou contratados para o efecto.
B. PRÁCTICAS COA RFG
Cada alumno, coa supervisión do seu titor, incorporarase á RFG participando nun mínimo de seis programas por tempada (ciclo académico).
C. MÚSICA DE CÁMARA E CONXUNTO INSTRUMENTAL
Todos os alumnos participarán en programas referidos á práctica de conxunto que se materializarán en concertos públicos ao longo do curso académico.
D. MATERIAS TEÓRICAS
Impartiranse contidos teórico-prácticos aplicados á práctica instrumental, ao coñecemento do mundo profesional así como a aspectos relacionados coa adquisición dunha boa disposición mente-corpo.
E. TRABALLO FIN DE CURSO
Para a obtención do título de postgraduado, os alumnos deberán realizar un proxecto fin de curso que consistirá basicamente na preparación e interpretación de concertos públicos que impliquen unha participación solista destacada ben sexa en concertos individuais ou de conxunto.



Plan de estudos en pdf
Partitura timbal en pdf
Partitura trompeta en pdf
Folla de inscripción